Tuesday 14 de May de 2024

A Xunta destaca a colaboración mantida coa ONG Entreculturas nos últimos anos nos que recibiron máis de 3M euros do Goberno Galego


Entreculturas é unha organización non gobernamental de cooperación para o desenvolvemento especializada na educación e o desenvolvemento dos pobos

Traballan en 37 países a nivel mundial e en España conta con 28 delegacións; concretamente en Galicia, existen 3 ubicadas en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo destacou o apoio que a ONGD Entreculturas ven recibindo do Goberno galego desde a súa inscripción no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, e máis concretamente desde a aprobación do I Plan Director da Cooperación Galega 2006-2009.

Jesús Gamallo mantivo hoxe unha reunión co director de Entreculturas a nivel nacional, Ramón Almansa, co coordinador de Entreculturas en Galicia, José Luis Barreiro, e coa responsable de Cidadanía e Incidencia da entidade, Lucía Rodríguez, na que deron a coñecer o momento actual da organización e presentaron o Informe “Recuperar a axuda á educación: unha chamada de emerxencia”, que publicaron este ano.

A Xunta ten apoiado o traballo de Entreculturas en cooperación para o desenvolvemento en países como Nicaragua, Perú; en acción humanitaria en Sudán del Sur, República Centroafricana e Malawi; e en educación para o desenvolvemento e cidadanía global, a través da Campaña Mundial pola Educación e o apoio á Rede Solidaria. Nos últimos 20 anos esta entidade recibiu casi 3 millóns de euros da Xunta de Galicia para o financiamento de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior, axuda humanitaria e educación para o desenvolvemento e a ciudadanía global.

Entreculturas é unha organización non gobernamental de cooperación para o desenvolvemento especializada no ámbito da educación e o desenvolvemento dos pobos dende a convicción de que a educación é un Dereito Humano fundamental do que ningunha persoa pode quedar excluída.Traballa en 37 países a nivel mundial e en España conta con 28 delegacións; concretamente en Galicia, existen 3 ubicadas en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. Inscrita no Rexistro de Axentes de Cooperación dende o ano 1998, é unha das entidades que mais volume de fondos xestiona en Galicia, concretamente no marco do III Plan director da Cooperación Galega 20014-2017 xestionou 799.329 €, e no período de vixencia do IV Plan director 2018-2021 ten xestionado subvencións por un importe de 744.880 €.